luns, 10 de xuño de 2019

CONTAMOS TODAS

Ao longo do curso, os alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO do instituto propuxéronse investigar sobre a desigualdade de xénero e a súa evolución durante os últimos anos. Para realizar dita investigación entrevistaron ás súas avoas e a mulleres maiores da Residencia DomusVi. Eles elaboraron as preguntas e gravaron as entrevistas en vídeo e foi o alumnado de 4º ESO o encargado de editalo e montalo no EspazoMaker do noso centro. 

Aquí tedes o vídeo:


martes, 28 de maio de 2019

Mulleres científicas na Ilustración

Os alumnos e alumnas de 4º ESO buscaron información sobre a vida e o traballo de mulleres científicas relevantes na Ilustración, como parte da nosa participación no PLAMBE. A partir desa información elaboraron traballos en formato dixital co que apoiaron unha exposición oral no que lles explicaron a vida e traballo das mesmas ás súas familias durante as "Xornadas de acollida das familias". Buscamos desta forma visibilizar o traballo das mulleres científicas e ao mesmo tempo reflexionar sobre o porque de que este traballo, a pesar de ser igual de importante que o dos homes da mesma época, non é tan coñecido ou mesmo algún atribuído a algún home. Ademais, o alumnado tamén elaborou xogos con preguntas sobre estas mulleres: un monopoli de Emilie du Châtelet, un scape box de Sophie Germain, e xogos para ordenador, entre outros.

luns, 6 de maio de 2019

Violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais

O alumnado de 3º ESO tivo un obradoiro sobre a desigualdade e a violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais. Falouse sobre os estereotipos e os roles de xénero que aparecen frecuentemente nos anuncios de xoguetes, perfumes, roupa,..., e o uso tanto do corpo das mulleres como dos homes como meros obxectos, a cosificación das persoas. Tamén se mostraron anuncios libres de estereotipos pero polo de agora, na nosa sociedade, son os menos.



luns, 29 de abril de 2019

GOLPES

O luns 29 de abril a compañía de teatro Aantena representou a obra "Golpes" no salón de actos do noso centro para o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO. Trata dunha moza que ven de sufrir violencia machista. A obra conta a vida de Pamela, unha rapaza que fala da súa vida, os seus soños, como era romántica e o que aprendeu dunha relación que non debeu vivir.






martes, 2 de abril de 2019

Charla sobre violencia sexual

Hoxe o noso alumnado asistiu a unha charla sobre violencia sexual. Nela falouse da importancia do respeto aos demais e do consentimento explícito. Tamén fíxose fincapé en non culpabilizar ás vítimas das agresións.







venres, 22 de marzo de 2019

Violencia de xénero e novo contexto dixital

Hoxe o alumnado de 2° e 3° ESO asistiu a un obradoiro onde se lles falou do uso das redes sociais e a privacidade nas mesmas. Durante o mesmo aprenderon formas de configuralas e controlar quen pode acceder a súa información e falouse da importancia de ter coidado co que suben a internet. Durante o obradoiro falouse tamén de diferentes formas nas que se exerce a violencia de xénero a través das redes.







luns, 4 de marzo de 2019

Exposición

O noso alumnado asistiu á exposición e despois debatimos en clase sobre o tema. No debate saíron ideas, estereotipos e mitos que esperamos que desaparezan para acabar coa desigualdade de xénero e con condutas que poden resultar nocivas nas súas relacións.

xoves, 14 de febreiro de 2019

"Á Violencia de Xénero...Dille Non!"

Dende o 14 de febreiro ata o 8 de marzo teremos no Ágora do noso centro a exposición "Á Violencia de Xénero...Dille Non!". É unha exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar ao alumnado a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións.

Despois de vela, debatiremos co noso alumnado sobre os temas que trata, celos, sextorsión, manipulación, control...