luns, 10 de xuño de 2019

CONTAMOS TODAS

Ao longo do curso, os alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO do instituto propuxéronse investigar sobre a desigualdade de xénero e a súa evolución durante os últimos anos. Para realizar dita investigación entrevistaron ás súas avoas e a mulleres maiores da Residencia DomusVi. Eles elaboraron as preguntas e gravaron as entrevistas en vídeo e foi o alumnado de 4º ESO o encargado de editalo e montalo no EspazoMaker do noso centro. 

Aquí tedes o vídeo:


1 comentario:

  1. Moitísimas grazas polo tempo, empeño e ilusión mostrado polos alumnos e alumnas que participaron neste proxecto. Noraboa polo traballo!

    ResponderEliminar