O alumnado de 3º ESO tivo un obradoiro sobre a desigualdade e a violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais. Falouse sobre os estereotipos e os roles de xénero que aparecen frecuentemente nos anuncios de xoguetes, perfumes, roupa,..., e o uso tanto do corpo das mulleres como dos homes como meros obxectos, a cosificación das persoas. Tamén se mostraron anuncios libres de estereotipos pero polo de agora, na nosa sociedade, son os menos.
Moi interesante que cheque está información á xuventude
ResponderEliminar