xoves, 14 de febreiro de 2019

"Á Violencia de Xénero...Dille Non!"

Dende o 14 de febreiro ata o 8 de marzo teremos no Ágora do noso centro a exposición "Á Violencia de Xénero...Dille Non!". É unha exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar ao alumnado a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións.

Despois de vela, debatiremos co noso alumnado sobre os temas que trata, celos, sextorsión, manipulación, control...





venres, 30 de novembro de 2018

Doazón para a Asociación de mulleres vecinais contra o maltrato

O pasado luns, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, tivo lugar no noso instituto unha recollida de fondos para entregala á Asociación de mulleres vecinais contra o maltrato. O alumnado vendeu doces feitos por eles e tamén houbo aportacións por parte das familias e do persoal do centro.
Agradecemos todas as colaboracións desinteresadas, que fixeron posible doar a cantidade de 289,89 €. Na foto podedes ver a Javier López na asociación o venres 30 de novembro, día no que se fixo entrega do recadado.






luns, 26 de novembro de 2018

Curtametraxe "Chica deja chico"

O luns 26 de novembro, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, fixemos un pase para o alumnado e familias do centro do vídeo "Chica deja chico". É unha curtametraxe feita por alumnado de 1º de bacharelato durante o curso 17/18 baixo a dirección de Carmen Losada e Javier López. Aquí tedes o enlace ao vídeo:

Carteis contra a violencia de xénero


O alumnado de 3º ESO elaborou carteis contra a violencia de xénero e a favor da igualdade con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Despois colgáronos polo instituto, tanto na entrada como nos corredores e o Ágora.  Estiveron moi motivados á hora tanto de idealos como de elaboralos e buscaron frases e lemas para poñelos neles.