Agradecemos todas as colaboracións desinteresadas, que fixeron posible doar a cantidade de 289,89 €. Na foto podedes ver a Javier López na asociación o venres 30 de novembro, día no que se fixo entrega do recadado.
O obxectivo deste blog é mostrar o traballo que realizamos desde o IES ROU para fomentar a igualdade na nosa comunidade educativa.
venres, 30 de novembro de 2018
Doazón para a Asociación de mulleres vecinais contra o maltrato
O pasado luns, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, tivo lugar no noso instituto unha recollida de fondos para entregala á Asociación de mulleres vecinais contra o maltrato. O alumnado vendeu doces feitos por eles e tamén houbo aportacións por parte das familias e do persoal do centro.
luns, 26 de novembro de 2018
Curtametraxe "Chica deja chico"
O luns 26 de novembro, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, fixemos un pase para o alumnado e familias do centro do vídeo "Chica deja chico". É unha curtametraxe feita por alumnado de 1º de bacharelato durante o curso 17/18 baixo a dirección de Carmen Losada e Javier López. Aquí tedes o enlace ao vídeo:
Carteis contra a violencia de xénero
O alumnado de 3º ESO elaborou carteis contra a violencia de xénero e a favor da igualdade con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Despois colgáronos polo instituto, tanto na entrada como nos corredores e o Ágora. Estiveron moi motivados á hora tanto de idealos
como de elaboralos e buscaron frases e lemas para poñelos neles.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)